Saúdo do alcalde

Amigas e amigos,
Benvidas e benvidos á web municipal. Ao abrir esta fenestra entrades de cheo no Concello de Fene, nun espazo concibido para darvos a coñecer a organización municipal, como se conforma o goberno local, as responsabilidades concretas que teñen atribuídas os seus membros e quen configuran os diferentes grupos municipais.
Na web podedes recibir información do que estamos a facer, dos programas e actuacións que levamos a cabo, das actividades municipais e da axenda prevista para cada día.
Fene.gal é tamén unha canle que, na lingua do país, propón un percorrido pola nosa arte, xeografía, historia, patrimonio natural e paisaxístico.... co que proxectar Fene ao mundo, con todas as súas riquezas e potencialidades entre as que o Museo do Humor ocupa un lugar sobranceiro.
Mais non só é un espazo informativo. A web municipal é un instrumento para facilitar a relación entre a veciñanza e o Concello. Dende a sección E-administración poderedes realizar diferente xestións e trámites en liña, presentar facturas e acceder ao perfil do contratante ou ao portal de transparencia.
O goberno municipal que presido comprométese a seguir desenvolvendo a web como medio de comunicación e a E-administración para facer un Concello aínda máis accesible porque, dende a transparencia e a vocación de servizo público, ferramentas como esta páxina son necesarias e imprescindibles.
Boa singradura!
Juventino J. Trigo Rey
Alcalde de Fene