Comisións informativas

As Comisións informativas terán as competencias que sinala o artigo  20.1 c) da Lei 7/1985 de 2 de abril e 51 do Regulamento orgánico municipal e ditaminarán sobre as materias e asuntos relacionados coas materias asignadas a cada área na Resolución da Alcaldía 122/2020.

Comisións Informativas Permanentes

  • I Comisión informativa de Desenvolvemento Territorial e do Medio
  • II Comisión informativa de Dinamización do Emprego, Seguridade e Participación Veciñal
  • III Comisión informativa de Dinaminación Social e Transparencia
  • IV Comisión informativa de Dinamización Económica



Composición

As Comisións Informativas estarán compostas por (ademais do alcalde-presidente, membro nato das comisións ex lege, sen prexuízo de que delegue nalgún do/as concelleiro/as que pertenzan á comisión, a proposta feita no seu seo):


- Tres (3) representantes do Grupo político do Partido Popular do Concello de Fene
- Tres (3) representantes do Grupo político do Bloque Nacionalista Galego
- Dous (2) representantes do Grupo político Socialista do PSdeG-PSOE de Fene
- Un (1) representante do Grupo mixto
- A Comisión Especial de Contas estará formada polos membros da Comisión Informativa de Dinamización Económica


As Comisións informativas permanentes celebrarán sesión ordinaria con periodicidade mensual nas datas e horas que respectivamente se establece:

I Comisión informativa de Dinamización Económica: o luns da semana anterior á semana na que se celebre o Pleno ordinario do correspondente mes ás 9.00 horas.

II Comisión informativa de Dinamización do Emprego, Seguridade e Participación Veciñal: o luns da semana anterior á semana na que se celebre o Pleno ordinario do correspondente mes ás 11.00 horas.

III Comisión informativa de Desenvolvemento Territorial e do Medio: o martes da semana anterior á semana na que se celebre o Pleno ordinario do correspondente mes ás 16.30 horas.

IV Comisión informativa de Dinamización Social e Transparencia: o martes da semana anterior á semana na que se celebre o Pleno ordinario do correspondente mes ás 18.30 horas.

V A Comisión especial de contas reunirase cando sexa convocada pola Presidencia

VI No suposto de que o día prefixado fose festivo ou inhábil, a sesión realizarase co mesmo carácter de ordinaria o día hábil inmediatamente anterior.

VII As Comisións Informativas axustarán o seu funcionamento ao disposto nos artigos 53 e seguintes do Regulamento orgánico municipal.

 

Descargas