Novas
-
Horario verán nas instalacións deportivas municipais
A partir do día 1 de xullo e ate o 30 de setembro as instalacións deportivas municipais terán o seguinte horario de apertura.
PISCINA MUNICIPAL DE CENTIEIRAS
Do 1 ó 16 de xullo
* De luns a sábado de 09:00 a 13:30 h.
* Domingos pechada
Do 17 de xullo ó 31 de agosto esta instalación estará pechada ao público.
Do 1 ó 30 de setembro
* De luns a venres.- 17:15 a 21:45 h.
* Sábados.- 17:15 a 20:15 h.
* Domingos.- Pechado
PAVILLÓN A XUNQUEIRA
Do 1 ó 7 de xullo, instalación aberta polas mañás para a reserva de prazas curso 21/22.
Do 8 de xullo ao 31 de agosto instalacíon pechada, só se abrirá para actividades puntuais que poida organizar o concello.
Do 1 ó 30 de setembro.
De luns a venres
Mañás.- de 08:30 a 13:30
Tardes.- de 18:00 a 22:00 (adestramentos de pretempada)
PAVILLÓN O RAMO
Permanecerá pechado ao público dende o 1 de xullo ate o 30 de setembro.
-
IX Trofeo de Baile Deportivo Concello de Fene este domingo no pavillón de A Xunqueira
O pavillón de A Xunqueira, en San Valentín, acollerá este domingo 13 de xuño a IX edición do Trofeo de Baile Deportivo Concello de Fene. Puntuable para o ránking nacional, celebrarase en horario de 11.30 a 19.30 horas coa participación de bailaríns e bailarinas de todas as idades.
-
Caiac, Paddle-Surf, ximnasia de mantemento e un campamento no CMI Unidade de Fene engádense á oferta lúdica municipal para o verán
O Concello de Fene desenvolverá ao longo dos meses de xullo e agosto o programa de conciliación "Un verán diferente II", que tivo aberto o prazo de preinscricións até o 4 de xuño. Porén, a maiores destas actividades para rapazada de 3 a 12 anos, o consistorio tamén ten preparadas outras propostas dirixidas tanto a nenas e nenos como a mocidade e persoas adultas. Así, en colaboración co Mesón O Emigrante, desde principios de xullo e ata mediados de agosto poderemos gozar das augas de Almieiras navegando en caiac ou practicando paddle surf e durante os dous meses centrais do verán tamén teremos ximnasia de mantemento ao aire libre no paseo marítimo de San Valentín. Ademais, o Concello e o CMI Unidade de Fene tamén colaboran na organización do campamento lúdico e deportivo "Dálle ao play", que terá lugar nas instalacións da entidade na primeira quincena de agosto. Para anotarse nestas actividades -agás para a ximnasia, que non o require e será de balde- hai que solicitar cita previa desde este mércores 9 de xuño contactando co Departamento de Cultura e Deportes nos teléfonos 607 615 962 / 981 340 366.