Noticias

29-06-2021

A exposición O Camiño das Estrelas: tecendo culturas, de María José Rodríguez amósase en xullo na Casa da Cultura

Este venres, ás 13.00 horas, inaugúrase na Casa da Cultura de Fene a mostra “O Camiño das estrelas: tecendo culturas”, da artista María José Rodríguez. No acto, a pintora estará acompañada polo alcalde de Fene, Juventino Trigo, e polo concelleiro de Cultura, Justo Ardá. A exposición permanecerá nesta instalación municipal até o vindeiro 29 de xullo e poderá visitarse de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas. Sábados, domingos e festivos, a sala de exposicións permanecerá pechada.

24-06-2021

Mocidade activa 2021

Se tes entre 12 e 16 anos, e queres pasar un bó rato nas mañás de xullo, inscríbete en Mocidade Activa, programa desenvolvido conxuntamente cós concellos de Mugardos e Neda baixo o proxecto de prevención de conductas adictivas. 

En mocidade activa traballaremos mediante actividades como Drons, Skate e outros como lettering, Youtube/tiktok... inscríbete!!

Xullo, Mes de Patria no Concello de Fene

Cun concerto a cargo de Ukestra do Medio comeza este venres o ciclo “Xullo, mes da patria” que engloba toda a programación organizada pola Concellería de Cultura de Fene até finais do mes de xullo. O ciclo inclúe as catro actuacións de narración oral e música de “Humor Peregrino”, actividade incluída no proxecto Viñetas do Camiño que o Concello de Fene está a desenvolver dentro do programa “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia. Tamén se anuncian concertos de Sito Sedes coa Garufa Blue Devils (21 de xullo), de Sés (22 de xullo) e Amadeus, a propósito do seu 30º aniversario (24 de xullo). E, para completar o programa, o 20 de xullo Fene acollerá o acto de entrega dos Premios Rosalía de Castro de Lingua, da Deputación da Coruña, que nesta edición recaeron -na categoría de “Persoas”- na figura do debuxante fenés Xaquín Marín. E o 23 será a inauguración da exposición de Viñetas do Camiño, na que se poderá ver unha escolma dos debuxos realizados polos artistas convidados á Andaina debuxada do pasado mes de xuño.
 


Fene conmemorará o Día da Diversidade Sexual coa proxección do documental Noite Irisada

No marco da campaña da Deputación da Coruña "Liberdade de ser e sentir", a Concellería de Benestar e Igualde de Fene organiza para o vindeiro martes, 29 de xuño, a proxección do documental "Noite irisada" con motivo do “Día da diversidade sexual” que se conmemora o 28 de xuño. O acto, previsto para as 19 horas na Casa da Cultura e con aforo limitado, contará cun/ha dos/as protagonistas para un posterior coloquio. O público asistente recibirá como agasallo unha pulseira coas cores do arco da vella.


Súmate ao noso equipo. Doa sangue

As persoas que desexen doar sangue, poderán facelo o venres 25 de xuño, de 15.30 a 21.00 horas, e o sábado 26 , de 10.00 a 15.00 horas, no vehículo instalado fronte ao Centro de Saúde de Fene.


Axenda

Tamén en fene.gal