Vespa velutina

Se a ve, chame ao 012.

A Concellería de Medio Ambiente, consciente da necesidade dunha resposta rápida e eficaz á aparición deste insecto invasor que ameaza as colmeas poñendo en perigo o futuro da produción apícola e mermando o importante papel polinizador que teñen as abellas, pon a disposición da veciñanza de Fene a información do Programa de Vixilancia e control da Vespa Velutina da Xunta de Galicia e da Asociación Galega de Apicultura para facer fronte á Vespa Velutina

É importante que a cidadanía de Fene poña en coñecemento no 012 ou no propio Concello a existencia dun niño, xa que a detección precoz é fundamental para evitar a dispersión desta vespa así como a aparición de futuros niños.

Avisos

Se vostede advirte a presencia dun niño de vespas asiáticas debe chamar ao 012 ou ao propio Concello para dar o aviso.

Charlas Informativas sobre a Vespa Asiática

A Concellería de Medio Ambiente realizará no mes de abril e maio xornadas informativas sobre vespa asiática (Vespa Velutina) abertas a veciñanza. Mediante esta actividade, quérese dar a coñecer as características principais desta especie foránea que se está a instalar na nosa comunidade , os riscos que implica e as precaucións e métodos de actuación no caso de atoparse con este tipo de vespa.

As datas previstas para as charlas son:

  • Mércores, 27 de abril ás 20.00 horas no local social da ACRD O Pote de Maniños
  • Xoves, 28 de abril ás 19.30 horas no local social da CCRD de Perlío
  • Martes, 3 de maio ás 19.30 horas na no local social da A.VV. De Fene
  • Martes, 10 de maio ás 19.30 horas no local social do CPS de San Valentín
  • Domingo, 22 de maio ás 11.00 horas no local social da A.VV San Xurxo de Magalofes.
  • Sábado, 28 de maio ás 19.30 horas no local social da A.VV. Santa Eulalia de Limodre
  • Martes, 31 de maio ás 19.30 horas no local da ACDR Liga de Amigos de Barallobre

As persoas interesadas deberán levar unha botella de plástico xa que na charla realizarase a demostración da fabricación de trampas caseiras.

Imparte as charlas: CASA DA MEL DE GOENTE

Ligazóns